Site icon Crónica3.com A Mariña

Nenos e nenas dos colexios Sagrado Corazón e Gregorio Sanz plantaron árbores no Costal

arbore-ribadeoRibadeo, 19 de marzo de 2015. Un grupo de alumnos e alumnas dos CEIPs Gregorio Sanz e Sagrado Corazón visitaron este xoves a zona de O Costal (entre a Vilavella e As Aceas), onde o Concello está a plantar vexetación de ribeira, en substitución dos eucaliptos que alí había ata hai unhas semanas.

Os nenos e as nenas que participaron nesta cita tiveron a oportunidade de plantar algunhas das árbores que o Concello está poñer nesa zona: carballos, bidueiros, freixos, acivros, cerdeiras, teixos, loureiros, etc… vexetación de ribeira en lugar de eucaliptos.

O concello de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, faloulles aos nenos e ás nenas da importancia que teñen para a nosa saúde e para a do planeta as árbores: “as árbores axudan a diminuír a contaminación, a combater o cambio climático, a osixenar o aire, a refrescar o ambiente, forman novos ecosistemas e melloran o ciclo da auga, ademais protexen o chan da erosión”.

Todos gozaron dunha xornada ao aire libre para conmemorar o día dos bosques.

Exit mobile version