Site icon Crónica3.com A Mariña

Numerosa asistencia ós actos do Día da Muller en Ribadeo

acto-muller-ribadeoO Cine Teatro acolleu o pasado venres a charla-presentación do libro “Comer para vencer al cáncer”. Ao acto asistiron ducias de mulleres interesadas pola saúde e polas pautas a seguir para mellorar os hábitos alimentarios. E onte sábado tivo lugar o concerto de Eudemónicas, unha actuación coa música tradicional galega coma protagonista e en clave feminina. Estas foron algunhas das actividades organizadas pola Concellaría de Igualdade e polo CIM para celebrar o 8 de marzo.

Exit mobile version