Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado dos CEIPs de Burela, a asociación A Mariña e a Fundación Eu Son participan no xogo de pistas de GAIA para celebrar o Día da Árbore

Burela, 17 de marzo de 2015. As monitoras do Centro Gaia organizan o xogo baixo o título ¿Que árbore é? para conmemorar o Día da Árbore. Segundo explican “trátase dun xogo de pistas relacionadas cunha árbore que os participantes terán que adiviñar. As pistas colócanse ao longo de toda esta semana nuns paneis á entrada de cada centro de ensino”.

As monitora de Gaia sinalan que “a través desta actividade preténdese sensibilizar aos alumnos da importancia de respectar a natureza que nos rodea. Os bosques cobren un terzo da superficie terrestre do planeta e xogan un papel fundamental na vida de moitos dos seus habitantes. Dende un punto de vista biolóxico,os bosques son os ecosistemas terrestres máis diversos,onde se albergan máis do 80% das especies animais e vexetais”.

Neste xogo de pistas participa o alumnado dos dous Ceips Vista Alegre e Virxe do Carme, a Asociación A Mariña e a Fundación Eu Son.

Desde Gaia engaden que “unha vez que rematen as pistas, as monitoras serán as encargadas de desvelar quen son os gañadores. Este xoves, día 19, e o luns, día 23, son as xornadas nas que se prantarán as árbores en ditos centros, cedidas pola Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela”.

Exit mobile version