Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro preguntará no Pleno pola nave da recollida do lixo e as inspeccións dos equipos de presión do campo de fútbol do Cembedo

O concelleiro do BNG en Viveiro, Bernardo Fraga, rexistrou unha serie de preguntas para o seu debate no Pleno deste xoves 12 de marzo.

Por unha banda, destaca que “no pasado pleno, os grupos municipais de PSOE e IVI aprobaron a prórroga do contrato da recollida do lixo durante dous anos, ata decembro do ano 2017. A Alcaldesa afirmou que para que a empresa concesionaria puidera levar a cabo a Nave Industrial, obrigatoria por contrato, xa se puxeran a disposición os terreos no polígono industrial de Landrove, propiedade do Concello de Viveiro”. É por isto que pregunta pola data exacta na que se puxo a disposición a parcela no Polígono Industrial para a execución da nave, a data con que recepcionou o Concello de Viveiro a parcela no polígono industrial por parte de Xestur e da Xunta de Galicia e o tempo que transcorre entre a recepción dos terreos e a posta a disposición á empresa para executar a nave.

Por outra banda, recorda que o pasado domingo facía explosión un compresor de aire no campo de fútbol do Cembedo. Con relación a este asunto, o grupo municipal nacionalista de Viveiro, pregunta se foron realizadas todas as inspeccións regulamentarias dos equipos de presión e demais instalacións de regulamentación industrial en tempo e forma. E tamén se o Concello vai realziar un informe sobre o fallo do compresor, para averiguar as causas da explosión, e dirimir as responsabilidades pertinentes.

Exit mobile version