Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Xove lémbralle ao PP os seus incumprimentos nesta lexislatura

Xove, 25 de maio de 2015.- Desde o BNG de Xove estamos agardando por unha pouca modestia dos populares nas súas actuacións públicas tras os múltiples incumprimentos das súas promesiñas políticas, dado que a cidadanía xovense merece un respecto e comeza a estar cansa de tanta foto e tanto “si, si, si”.

Das “promesas” do PP podemos enumerar como exemplos de incumprimento: lograr que Xove sexa un referente en crecemento económico e industrial, a extensión da rede de saneamento a todas as parroquias, a apertura de novas rúas, a ampliación do Polígono de Camba, a creación do cinto industrial de Alcoa, a construción de vivendas de protección oficial, a construción dun porto deportivo en Morás ou a mellora da rede viaria principal do municipio. Todas estas actuacións estaban recollidas no programa electoral co que o PP se presentou ás eleccións municipais de hai catro anos.

Dos “feitos” nesta lexislatura debemos lembrarlle á veciñanza: a retirada da axuda para a limpeza de montes, a suba do catastro até un 50%, a suba do imposto de vehículos até un 15%, o incremento nun 30% de media dos tributos para a compra de vivenda, a suba da taxa da escola infantil un 500%, o aumento do pago pola prestación do servizo de axuda no fogar, a suba da licenza municipal para construcións e obras, a eliminación dunha praza de facultativo do Centro de Saúde, a imposición do pagamento de até 90 euros mensuais de comedor escolar e desvinculación do comedor gratuíto para os beneficiarios do transporte, o recorte dun 36% no plan de axudas á adquisición de libros de texto e material escolar, etc.

Exit mobile version