Tala de madeira, cestería, bordado ao aire, patchwork, confección de complementos renacentistas, confección de patróns, bixutería, reciclaxe de roupa de casa, coiro e construción de hórreos de varas son as modalidades que centran estes cursos, que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses e ata xuño en 16 asociacións de toda a provincia, que suman 2.000 veciños.
A asociación de veciños San Pedro de Pígara, a de mulleres San Bartolomeu de Insua, a de mulleres rurais Amencer e a de amas de casa Bruma; así como a asociación cultural Reencontro en Argán, a asociación Proa, a de Corazóns Artesáns, a do Campo da Feira de Friol e a de veciños San Cosme de Nete, foron os primeiros colectivos en acoller estes obradoiros artesanais gratuítos. Outras 7 asociacións da provincia –Castro de Rei, Cervo, Navia de Suarna, O Corgo, Cospeito e Guitiriz- serán tamén destinatarias destes talleres organizados polo CENTRAD.