Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Óptico Xove tamén é laranxa

opticaxove-paulacortiñasO Centro Óptico Xove incorpórase á filosofía laranxa co apoio á burelista Paula Cortiñas. O seu xerente, Carlos Calvo, recibiu a xogadora de Primeira RFEF e o directivo José Ángel Dovale Gradaílle no establecemento xovense, sito na rúa Tomás Mariño Pardo.

Neste encontro o club mariñán quixo agradecer a aposta de patrocinio pola campioa de España con Galicia Sub-21 coa entrega dun recordatorio fotográfico da tempada coa figura de Paula vinculada á imaxe do centro óptico.

Exit mobile version