Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello colabora coa ACIA na campaña comercial do Día do Pai

cervo-paiCervo, 18 de marzo de 2015-O Concello de Cervo entregou á ACIA de San Ciprián unhas 6.000 bolsas de papel de diferentes tamaños para a campaña comercial do Día do Pai. Unha medida coa que o goberno local dá resposta á demanda realizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de San Ciprián de contar con bolsas co logo da entidade para utilizar na venda dos produtos aos clientes durante os próximos días.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Turismo, Begoña Alonso fixeron entrega destas bolsas á presidenta da ACIA, Anabel San Eloy, e ao vicepresidente, Cliff da Prato. A partir dese momento é a propia asociación a que distribúe as bolsas entre as tendas asociadas.

Desta maneira, o Concello mantén a súa liña de colaboración coa ACIA, atendendo ás súas peticións e apoiándoa na organización de actividades. Unha forma de traballar que o goberno local estende a todo o tecido comercial e empresarial do municipio, tanto a través de subvencións directas como da colaboración con recursos materiais e humanos.

Da mesma maneira, Alonso destaca que son moitas as formas de apoiar á economía local, tamén xerando movemento e actividade no municipio, como é o caso dos múltiples eventos que organiza o Concello ou cos que colabora e que atraen a centos de persoas.

Exit mobile version