Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela adquire un camión basculante con grúa

camion-burelaBurela, 2 de marzo de 2015. O Concello acaba de adquirir un camión basculante con grúa. Trátase dun vehículo usado, que era moi necesario, segundo explica o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.

O edil popular dixo que “estabamos necesitados dun camión para transporte e estabamos a contratar con empresas privadas o transporte de certos materiais ao non ter un camión noso, co que o vehículo vaise amortizar rapidamente. Fixemos unha moi boa inversión”. O investimento ascendeu a 20.000 euros, “cantidade que amortizaremos no prazo de dous anos. O camión xa está pagado e comeza a traballar hoxe para os servizos de obras, medio ambiente e praias”.

Fernández Valle sinalou que “estabamos moi limitados para facer algúns traballos, xa que tiñamos que recorrer á contratar este servizo por exemplo para transportar o grupo electróxeno que ten o Concello, cando queriamos levar bancos, contedores, o material das praias, etc. Agora todo iso poderémolo facer sen problema, porque con esta adquisición seremos autónomos para realizar eses traballos”.

Exit mobile version