Ao mesmo tempo, ofrécese información sobre as actividades e eventos que se van celebrar nestes días, como é o caso da Festa do Mexillón deste sábado. Un servizo que tamén pode ser de utilidade para os veciños, que poden solicitar información sobre actividades.
Cabe lembrar que a Semana Santa é unha das épocas de máis afluencia de turistas no concello, polo que “es fundamental atender a nuestros visitantes y orientarlos, facilitándoles que hagan vida en el municipio y favoreciendo que tengan unha buena estancia”, asegura Alonso.
A Oficina de Turismo está situada en fronte á Casa da Cultura de San Cibrao, nunha zona moi céntrica, e instalada no que foi durante case 50 anos o quiosco de Juana. Un local que o Concello reconverteu e aproveitou para este novo uso pero mantendo a súa estética tradicional por tratarse dun lugar emblemático de San Cibrao.
A Oficina de Turismo de San Cibrao púxose en funcionamento durante o verán pasado e, de xullo a setembro, recibiu unhas 1.300 solicitudes de información.