Cervo, 6 de marzo de 2015- O Concello de Cervo está apostando polo deporte a través de diversas vías, e unha delas é “manter e mellorar as instalacións onde se practica deporte” asegura o edil de Deportes, Luis Guillén, que engade que “tamén é moi importante ofrecer cursos e actividades para fomentar a práctica de exercicio físico a través dun servizo público e con taxas subvencionadas”.
Sen esquecer as obras de ampliación realizadas hai uns meses no mesmo ximnasio, que permitiron dispoñer de máis espazo e instalar máquinas de adestramento de remo cedidas polo Club Náutico Amigos do Mar e, polo tanto, diversificar servizos.
No caso da piscina, fixéronse obras na estrutura da instalación, como a reparación da cuberta, e a mellorar o sistema de quecemento da auga para facelo máis eficiente e que, desta forma, se reduza o consumo eléctrico, así como outros traballos de mantemento.
En canto ás actividades ofertadas, estanse impartindo cursos de iniciación e perfeccionamento de natación para adultos, aquagym, e mantense activa a Escola Infantil Municipal de Natación que inclúe seis niveis de aprendizaxe e un último de perfeccionamento.
Na prestación destes servizos teñen un papel fundamental os socorristas e monitores, que ascenden a un total de 10 persoas, entre traballadores contratados e mozos que fan prácticas remuneradas a través do plan de fomento do emprego xuvenil do Concello.
Cabe destacar que nos últimos anos os socios da piscina foron aumentando considerablemente, Así, de 2011 a 2014 os socios creceron un 21%, pasando de 662 a 802, resultado “desa combinación de mellora das instalacións e fomento de actividades xunto cunhas taxas subvencionadas”.