Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo colabora coa Asociación Galega de Mulleres Afectadas por Cancro de Mama no XII Encontro de Palilleiras

palilleiras_solidarioCervo, 26 de marzo de 2015.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada e representantes das tres asociacións de mulleres do municipio, como son Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres de San Cibrao, presentaron hoxe unha iniciativa que se vai levar a cabo durante o XII Encontro de Palilleiras.

En concreto, editáronse 1.000 camisetas solidarias en beneficio da Asociación Galega de Mulleres Afectadas por Cancro de Mama “Punto e seguido”. Unhas camisetas cun deseño especial e creadas para este evento, en cor rosa, co emblema do Encontro e un lema: Todos somos unha, “en alusión á necesidade de que toda a sociedade, homes e mulleres, nos involucremos nesta causa”, asegura Armada.

As camisetas poderán adquirise ao longo da xornada, e tomarán protagonismo ás 16 h. coa  “Marea rosa”, momento no que se animará a todas as persoas que dispoñan da camiseta, palilleiras e público, a vestila a un tempo. Desta maneira “pretendemos facer visible a loita colectiva contra o cancro de mama dunha forma simbólica”, explica a edil. Ademais, a entidade contará cun espazo para ofrecer información sobre a súa labor, os servizos que ofrece así como concienciar á cidadanía sobre a importancia da prevención.

O Concello agradeceu ás tres asociacións de mulleres do municipio o seu “apoio a esta iniciativa” e aproveitou para destacar o labor que está realizando a Asociación Galega de Mulleres Afectadas por Cancro de Mama, que ofrece asesoramento e apoio ás persoas que padecen esta enfermidade ou a calquera que solicita estes servizos.

Exit mobile version