Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove aproba as bases das axudas para a mellora de vivendas e o seu entorno

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xove, en sesión de data 25 de febreiro de 2015, acordou a aprobación das bases que rexerán a concesión de subvencións para o remate exterior (lucido de fachadas) de vivendas unifamiliares con mais de 5 anos de antigüidade, acondicionamento do entorno e accesos a vivendas unifamiliares no termino municipal desde vias de titularidade pública así como para a construcción ou acondicionamento de muros opacos de peche de solares no casco urbano de Xove. A finalidade destas subvencións é a de mellorar a estética das vivendas dos nosos veciños co fin de que se integren mellor na paisaxística rural, pero tamén se pretende mellorar o entorno das propias vivendas, facilitando o acceso das mesmas. A mellora da calidade das vivendas e os seus entornos contribúe significativamente á mellora da calidade de vida dos veciños que as habitan.

Para estas subvencións o Concello dispón de 20.000 euros.

A axuda a conceder acadará o importe xustificado da obra realizada co límite de 450 euros por solicitante e vivenda ou solar. Con carácter xeral, as axudas tramitaranse para atender un só concepto, e só con carácter excepcional motivado mediante informe do Arquitecto Técnico Municipal poderán solicitarse por varios conceptos conceptos, en cuxo caso o importe máximo da axuda será o que corresponda á suma de tódolos conceptos, sen que en ningún caso podan superarse en total a contía máxima de 450 euros.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, que se abriu o 2 DE MARZO, VAI ESTAR ABERTO ATA O 12 DE XUÑO DESTE ANO, ámbalas dúas datas incluídas. O lugar de presentación de solicitudes serán as oficinas municipais no seu horario normal de apertura.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA
1.- Os interesados na obtención destas axudas deberán formular a súa solicitude no modelo establecido ao efecto, acompañando a seguinte documentación:
– Documentación acreditativa da personalidade do solicitante ( Copias Autenticadas do D.N.I. e do N.I.F. ).
– Documentación acreditativa de que o solicitante é o propietario da vivenda ou do solar ( Escritura Pública e/ou Certificación Catastral ).
– Acreditación de que a vivenda ten unha antigüidade superior ós cinco anos, extremo que deberá acreditarse coa presentación da correspondente licenza de primeira ocupación o no seu defecto cun informe emitido polos servizos técnicos municipais acreditativo da antigüidade da vivenda.
– Declaración xurada, no Modelo que se facilitará ao efecto, de que o solicitante non se atopa incurso en ningunha das circunstancias a que se refire o artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
– Declaración Xurada , no Modelo que o efecto se facilitará nas Oficinas Municipais , asinada polo solicitante acreditativa de que a vivenda non está incursa en ningún procedemento de disciplina ou de reposición da legalidade urbanística.
– Declaración Xurada , no Modelo que o efecto se facilitará nas Oficinas Municipais , asinada polo solicitante de estar o corrente do pago de todos os tributos municipais e non ter débedas coa Facenda municipal.
– Declaración xurada de non ter solicitado nin percibidos de calquera outra administración ou organismo público axudas ou subvencións para a mesma finalidade segundo o modelo que ó efecto se facilitará nas Oficinas Municipais.
– Memoria Valorada ( acompañada de fotografías que acrediten o estado das fachadas / ou do entorno e os accesos desde a vía de titularidade pública / ou do muro a acondicionar / ou do fronte ó vial sen muro de peche ) na que se acredite o estado da fachada, do entorno, dos accesos, ou do muro a acondicionar ou a construír e as obras que se pretendan efectuar con descrición valorada dos materiais a utilizar, materiais que nas súas características estéticas e construtivas deberán ser acordes cos do entorno.
– En calquera caso o presuposto total das obras a executar non poderá ser inferior á contía da axuda a percibir.
– Simultaneamente coa presentación da solicitude de subvención deberá presentarse a correspondente comunicación previa das obras a efectuar.

Exit mobile version