Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello e a OMIX organizan diversas actividades durante a Semana Santa dirixidas @s pícar@s de Ribadeo

Ribadeo, 26 de marzo de 2015. O Concello, a través da OMIX, organiza diversas actividades para os nenos e as nenas de Ribadeo durante a vindeira Semana Santa.

O luns, 30 de marzo, de 11.00 a 13.30 horas no Cantón haberá deportes: 3×3 fútbol, baloncesto e tenis de mesa. E pola tarde no Teatro ás 17.30 horas terá lugar un concerto musical infantil de Pablo Díaz, titulado Xente miuda, moita fartura.

O martes, 31 de marzo, será unha xornada lúdica. De 11.00 a 13.30 horas nova cita cos deportes no Cantón e pola tarde de 16.00 a 19.00 horas no parque de San Francisco haberá tirolina, inchables e animación musical e xogos populares. Desde a organización sinalan que “se o tempo non acompaña estas actividades realizaranse outro día”.

E o mércores, 1 de abril, de 11.00 a 13.30 horas volverán os deportes ao Cantón. E pola tarde de 16.00 a 17.30 horas na Casa da Xuventude os mozos e mozas de 9 a 14 anos poderán gozar dunha actividade de musicoterapia. As prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse no teléfono da OMIX: 982 129 889.

Exit mobile version