Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSI-F critica que “Alcoa pague as horas extras e non permita canxealas por descansos”

O CSI-F Alcoa – San Cibrao atopa “antisocial” o feito de que ALCOA coaccione ós traballadores para que cobren as horas extras en lugar de canxealas con descanso como alternativa que cada vez máis estaba elixindo a plantilla da empresa.

Isto tira por terra a labor de mentalización que sindicalmente se realizou departamento por departamento para frear a continua redución de plantilla, en base a que ante cualquera eventualidade, a empresa tira de teléfono e chama á xente ás súas casas.

A realidade é que son moitas as horas extras que se realizan e que provocan que nunca poidas planificar a túa vida; pois, no momento menos pensado e incluso de noite ou fin de semana, podes ser chamado a cubrir unha eventualidade. Elimináronse os retens para aforrar o pago dos mesmos e, “agora, todos somos reten, pero sen cobrar o plus que antes se aboaba por este servizo”.

Cun 20 % de paro no país, dase a paradoxa de que mentras uns non teñen traballo; outros están agobiados con largas xornadas que provocan á súa vez que as empresas funcionen con menos plantilla de persoal que fai apenas uns aos.

O CSI-F propn qóue se presente unha demanda para que decida un xuíz quen ten a razón á hora de interpretar o convenio; xa que está recollido que as horas extras se poden descansar a elección do traballador e a empresa interpreta que é ela a que decide o aboalas en metálico ou en descansos, e está visto que prefiere aboalas.

Para o CSI-F a mellor opción consiste en non ter que realizar horas extras para que outros traballadores teanñ opción a un posto de traballo.

Exit mobile version