Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno admite o fracaso do Programa de Activación para o Emprego e comeza a modificar as súas condicións, tal como reclamaba o PSOE

Madrid 26 de marzo de 2015.- O senador galego Ricardo Varela subliñou na mañá deste venres que, ante o evidente fracaso do Programa Extraordinario de Activación para o Emprego, o Goberno comezou a modificar as instrucións e condicións deste polo seu carácter restritivo, tal como reclamou o PSOE no Pleno da Cámara Alta desta semana.

Varela explicou que o Executivo vai modificar algunhas condicións do citado plan de axuda como a que esixía que a última prestación percibida proviñese dos programas Prodi, Prepara ou Rai. O senador galego sinalou que “é unha condición tremendamente restritiva” e anunciou que na moción consecuencia de interpretación que defenderá na próxima sesión plenaria reclamará o Goberno, entre outras modificacións, que suprima este punto do Real Decreto Lei 16/2014.

Ricardo Varela recordou, como xa denunciou na interpretación desta semana, que o Goberno introduciu nos regulamentos de desenvolvemento unha serie de instrucións moi restritivas para o acceso á axuda dos parados que, finalmente, determinou o fracaso do devandito programa como quedo de manifesto tras as palabras da ministra Báñez, que recoñeceu que só se contabilizaron 70.000 solicitantes da axuda (a día 18 de marzo) cando a previsión de incorporación inicial era dun stock, a data de inicio, de 300.000 concesións).

Varela puntualizou que nin sequera se cubriu unha cuarta parte da previsión no referido á cobertura do programa debido ás instrucións e condicións tremendamente restritivas e suxeriu que o Goberno de Mariano Rajoy vai ter que corrixir máis cousas nesta normativa porque se non, as palabras e promesas do Presidente do Goberno van ser “papel mollado”.

O parlamentario do PSOE denunciou esta semana no Pleno a “mentira e a propaganda” do Goberno en referencia ao Programa Extraordinario de Activación para o Emprego que apuntaba á protección de 450.000 parados sen prestacións.

Ricardo Varela recordou que o Real Decreto que regula o devandito programa para impulsar a reinserción laboral dos parados de longa duración con cargas familiares e en fogares sen ingresos, dos que hai un millón en España, considera unha axuda económica de 426 euros durante un máximo de seis meses.

Como apuntou durante a súa intervención, “o programa estase a converter nun engano. É un compromiso irreal, cheo de restricións detalladas nas Instrucións de Desenvolvemento do Real Decreto que estreitan a porta de entrada a moitos parados e desvirtúa o acordo alcanzado coas organizacións sindicais, modificando no seu desenvolvemento administrativo os termos acordados no programa”.

Exit mobile version