Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE deu comezo o pasado domingo ó seu programa de Rutas para este ano

TRATADAXove, 24 de marzo de 2015.- O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, (SenderismoXove), deu comezo o pasado domingo día 22 o seu programa de Rutas para o presente ano 2015.

Nesta primeira Ruta, o Grupo non saeo da Mariña, pois fixeron a Ruta Praia das Catedrais – Porto de Foz de 20,5 km.
O Grupo desprazouse en autocar ata a Praia das Catedrais onde fixeron a saida as 10:30h. da mañan, despois de sacar a foto de Grupo nas inmediacions da Praia. O Grupo chegou o Porto de Foz, a primeira hora da tarde, onde os esperaba o autobús para levalos de volta a Xove.

Esta Ruta ten duas partes ben diferenciadas, a primeira parte pola zona de paseo e polas Praias de Barreiros e a segunda seguindo a ribeira da ría do Masma, ata chegar o porto de Foz.

En total participaron 60 Sendeiristas que disfrutaron dun día esplendido a pesar do nordés existente na zoa de praias.

A próxima Ruta será o día 12 de Abril, e o Grupo desprazarase a Costa da Morte, para facer a primeira etapa da Ruta “O Camiño dos Faros” que será entre Malpica e a Praia de Niñons, con 22 km. de percorrido por unha costa espectacular.

Exit mobile version