Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro reunirase co Comité de Empresa de Vestas

Viveiro, 24 de marzo de 2015.- O PP de Viveiro reunirase o vindeiro xoves 25 de marzo, ás 17 horas na súa Sede Local, co Comité de Empresa de Vestas para mostrarlles, unha vez máis o seu apoio ante esta difícil situación pola que están atravesando, e coñecer de primeira man como marchan as negociacións coa empresa, asi como todas aquelas outras cuestións que queiran transladar.

Por parte do Partido Popular acudirán a esta reunión José Manuel Balseiro e Vidal Martínez – diputados autonómicos -, Elena Candia – voceira do PP na Diputación – e Antonio Bouza – Portavoz e candidato á Alcaldía para as vindeiras municipais -.

Exit mobile version