Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés celebra este luns unha nova reunión con colectivos para recoller propostas de cara á elaboración do programa electoral

Burela, a 1 de marzo de 2015.- O Partido Popular de Burela continúa avanzando e cumprindo o seu calendario de reunións con colectivos de cara a recoller suxestións e propostas factibles e fiables de cara a incluílas no programa electoral das vindeiras eleccións municipais, e para ter en conta o que realmente lles importa ás persoas.

A tal efecto, teñen previsto reunirse este luns, ás s18.30 horas, na sede local, cos colectivos que traballan no ámbito dos servicios sociais, a discapacidade ou a atención a persoas e familias afectadas por determinadas enfermidades. Esta será a cuarta reunión, dun total de seis, que ten previsto realizar o partido con colectivos e asociacións.

Trátase, como se ten reiterado desde a dirección local do partido, de “escoitar o opinión sobre o que se leva feito ou se puido facer desde o goberno municipal, e tamén de recibir propostas que axuden a configurar un programa electoral fiable e realizable, sen grandes anuncios e que se centre no que lle importa ós veciños e veciñas do noso concello”.

En relación coas reunións previstas polo PP burelés con veciños nos distintos barrios de Burela, e que comenzaron a pasada semana, a reunión prevista para mañá luns ás oito da tarde no Restaurante Os Remos aprázase por cuestións organizativas; debidamente será anunciado o día da súa celebración.

Exit mobile version