Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP cre que “non se debe facer loita partidista senón apoiar ós traballadores” de Vestas

Lugo, 31 de marzo de 2015.- O Grupo Provincial do Partido Popular lamenta que o PSOE e o BNG non aprobase este martes a declaración institucional que promovía o GPP en apoio dos traballadores de Vestas e que consensuara co Comité de Empresa. Os populares explican que o propio vicepresidente da institución, Antón Veiga, recoñeceu que o seu interese é o de facer política.

No acordo popular, elaborado en consenso co Comité de Empresa, o GPP instaba a todas as administracións, cada unha dentro das súas competencias, a que fixeran as xestións para que puidesen dar unha solución a este conflito.

Os socialistas e nacionalistas, en contra do desexo dos representantes dos traballadores de Vestas, preferiron buscar facer desta situación un debate político xa que a súa preocupación única é a de obter réditos electorais e non a de involucrarse cos afectados polo ERE.

Os populares lembran que promovían esta declaración institucional ao considerala, ao igual co Comité de Empresa, como a fórmula máis acertada para manifestar o compromiso de todas as administracións sen entrar en debate partidista.

Pola contra, o GPP esforzouse para chegar a un consenso e votou a favor da iniciativa do BNG porque entende que nestas cuestións non se debe facer unha loita partidista senón lograr un apoio unitario aos traballadores.

Exit mobile version