Site icon Crónica3.com A Mariña

O Resort Las Sirenas celebra a chegada da primavera con cea, dancing e ofertas especiais

O Resort Las Sirenas de Viveiro celebra o vindeiro sábado 21 de marzo a chegada da primavera cunha nova edición dos seus “Thalasso Dancing”, que tamén servirá como homenaxe ao Día do Pai e a todos os Josés, Josefas, Pepitas…

Unha noite especial na que se promete unha vez máis boa gastronomía, música e moita diversión nun marco espectacular como son os salóns do Hotel Thalasso Cantábrico.

A partir das 22.00 horas dará comezo unha cea especial a base de lagostinos, mreluza do pincho de Celeiro e carrilleiras de porco ibérico; ademais de sobremesa, viños, café e licores galegos.

Para alargar a noite, logo da cea, ábrese a sesión musical con DJ e a “Drink Session” coa coctelería do equipo de baristas do Resort Las Sirenas.

Ademais da cea-baile, que se ofrece por 35 euros, o Resort Las Sirenas presenta interesantes ofertas en aloxamento, descontos para os nenos e prezos especiais para acceder ó circuíto termal e técnicas termais da súa Thalasso. Todos os interesados poden informarse sen compromiso no teléfono 982 560 200 ou na súa páxina de facebook.

Exit mobile version