Site icon Crónica3.com A Mariña

Os fregueses de Santa María Maior, Santo Adrao, San Xurxo e San Tomé homenaxearon ó crego Don Antonio Rodríguez Lodos

misa-antonioO domingo 1 de marzo reuniuse a veciñanza das parroquias de Santa María Maior (Mondoñedo) e Santo Adrao, San Xorxe e San Tomé (Lourenzá) para renderlle unha merecida homenaxe ó que foi o seu crego durante 50 anos, Don Antonio Rodríguez Lodos.

A homenaxe, na que participaron máis de 300 persoas, consistiu nunha misa na igrexa de San Tomé seguida dun xantar de confraternidade. Nas diversas intervencións que se realizaron ao remate, agradecéuselle ao crego a exemplar labor pastoral realizada ao longo destes anos e expresouse o cariño xeneralizado dos seus fregueses. Ademais, fíxoselle entrega dunha placa co seguinte texto: “En recoñecemento a Don Antonio Rodríguez Lodos, por toda unha vida adicada aos demais”.

Don Antonio, á súa vez, expresou o seu agradecemento, fortemente emocionado, sen esquecer mencionar o apoio e cariño recibido durante todos estes anos por todos os veciños e as veciñas.

Exit mobile version