Site icon Crónica3.com A Mariña

“Os roubos de colectores rexistrados no municipio de Cervo nestas semanas están sendo investigados pola Garda Civil”

Cervo, 19 de marzo de 2015- O Concello de Cervo informou este xoves de que nas últimas semanas se producironse roubos de colectores na Senra e en Rúa. En total, o Concello detectou que foran subtraídos cinco colectores do lixo en diferentes puntos desas parroquias.

A administración local deu parte á Garda Civil destes feitos, que está investigando o ocorrido e segundo os datos que manexan, están próximos a identificar aos autores.

O Concello valorou o gasto que implicará repoñer os colectores roubados, que ascende a case 400 euros. Uns feitos “totalmente reprobables” que “van en contra do clima habitual de civismo e convivencia que vivimos no municipio” aseguran dende o Concello.

Exit mobile version