Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas da Mariña destacan que a presentación do Plan Director chega “tarde, mal e arrastro” e lamentan que Feijóo “nin tan sequera se dignase a concretar o inicio das obras”

A MARIÑA, 18 DE MARZO DE 2015.- Os socialistas da Mariña destacan que a presentación do Plan Director do Hospital da Costa “chega mal, tarde e arrastro”. Neste senso, consideran que tal acto resposta “á presión social” que está a ter a Xunta de Galicia ao respecto, pois no día de mañá está convocada unha manifestación diante do centro sanitario.

“O que nos veu a vender é fume. Non deixa de ser un papel, pero as obras non se fan cun proxecto, fanse con máquinas e con cemento”, subliñan. Por este motivo, lamentan que o titular autonómico nin tan sequera concretase o prazos de execución, xa que esta é a sétima ocasión na que o titular autonómico promete dito Plan; cuestión que, para os socialistas, vén motivada pola inminencia dunhas eleccións municipais e da forte presión social.

“É unha vergoña que volvese á Mariña e nin se dignase a dicir cando a Xunta vai iniciar as obras. Para isto era mellor que se quedase en San Caetano. Os mariñanos o que queremos a ampliación, non máis promesas que só están plasmadas nun documento”, insisten.

“Pola porta de atrás”
Así mesmo, denuncian que o dirixente autonómico accedese ao Hospital pola porta de atrás, polo que se pregunta “de que se ten que agochar o Sr. Feijóo?”. Cando menos, engaden, “o que debe de facer é dar cara, para iso e o presidente da Xunta e, por tanto, o responsable último de que a Mariña poida seguir contando cun Hospital de referencia como tiñamos. Din que alguén se tapa cando algo ten que ocultar, así que tal covardía non se entende senón é porque estamos diante dun compromiso máis, é dicir, noutro bluff do Partido Popular”, critican.

Apoio á manifestación
Por outra banda, o socialistas tamén que mañá participarán masivamente na concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública diante do Hospital. Coa súa presenza reivindicarán que “os veciños de Burela e de toda a Comarca o que queremos non é unha Sanidade de terceira, nin de se segunda, o que queremos é unha Sanidade de primeira”.

Exit mobile version