Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela acordan propoñer a Alfredo Llano como candidato á Alcaldía

BURELA, 5 DE MARZO DE 2015.- A agrupación socialista de Burela propón a Alfredo Llano García como candidato á alcaldía da localidade da Mariña lucense. Así o acordaron nunha xuntanza celebrada hoxe e na que o alcaldable asumiu o compromiso firme de arrebatarlle a Alcaldía ao PP.

Alfredo Llano destaca por se ser unha persoa comprometida cos valores socialistas. Forma parte do PSOE dende hai máis dunha década e, actualmente, preside a agrupación socialista de Burela. Conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento político do municipio, xa foi Alcalde do mesmo dende 2007 ó 2011. Hoxe é Deputado provincial como representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Mondoñedo. Ten 60 anos e profesor de secundaria de profesión.

O alcaldable presentará unha candidatura na que estarán representadas a maioría dos sectores da sociedade burelesa. Ademáis, segundo afirma Llano, a súa candidatura virá respaldada por unha lista renovada aprobada por esta asamblea.

Exit mobile version