Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Ribadeo adiántanse na defensa do sector agrogandeiro coa organización de charlas informativas sobre a PAC

Cartel charla PACRibadeo, 26 de febreiro de 2015.- Os socialistas de Ribadeo organizan dúas charlas informativas e de asesoramento individual en Cedofeita e na Devesa para falar ante gandeiros e agricultores da PAC 2015-2020. Serán esta fin de semana, segundo deu a coñecer hoxe o candidato á alcaldía ribadense, Roberto Ramos Piñeiro. Neste senso, o alcaldable explicou que “imos realizar estes encontros co lema Como obter o teu mellor pagamento. Sabemos que, nos últimos anos e en numerosos casos, as axudas da PAC supoñen a marxe anual dos gandeiros e agricultores, de aí o interese en informar sobre esta cuestión”.

A este respecto, o candidato socialista á alcaldía sinalou que “dende o PSOE somos coñecedores das dificultades que estivo e está a sufrir o sector polo constante aumento dos custes de produción derivados da suba do prezo dos cereais, do aumento dos custes enerxéticos e pola baixada dos prezos de venda. É por este motivo polo que,tendo en conta que Ribadeo é o concello da comarca da Mariña con máis explotacións agrarias e que este sector é estratéxico para a nosa economía, decidimos tomar parte e adiantamos na defensados intereses dos produtores”. “O que nós pretendemos é colaborar de forma activa para que ningún agricultor e ningún gandeiro queden sen cobrar ás axudas á que poden optar”, insistiu.

Accións concretas
Ademais de informar das axudas directas da Política Agraria Común, tamén se ofrecerá asesoramento sobre a campaña 2013-2014, realizando unha comprobación individualizada de cada caso para ver se cumpren cos requisitos do pago verde, que supón o 50% da bonificación básica. No caso de non ser así, “guiaremos aos afectados para facer as modificacións necesarias nas hectáreas destinadas aos distintos tipos de cultivo e así poder cumprilo”, destacou Roberto Ramos.

Deste xeito, as charlas serán o sábado, 28 de marzo, ás 13 horas na escola de Cedofeita e o domingo, 29 de marzo, ás 13 horas na escola do círculo habaneiro.

Exit mobile version