Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Tres Pés de Trabada organizan un roteiro pola Fraga da Becerreira

becerreiraO Colectivo Cultural Os Tres Pes de Trabada organiza o seu terceiro roteiro, o domingo 12 de abril. Desta volta o trazado será pola Fraga da Becerreira.

O percorrido ten unha lonxitude de 6 quilómetros que discorren no seu tramo inicial por unha pista forestal e logo por sendeiros de escasa pendente e dificultade baixa que completaremos en 2 horas e media.

A Fraga da Becerreira é un remanso de paz que ten unha extensión de 100 hectáreas, está situada nunha ladeira do Picato cunha altura de 743 metros na que poderemos contemplar un magnífico bosque autóctono de carballos, castiñeiros e abeleiras ou arbustos como arandeiras, ruscos, érbedos e acivros. Parte do trazado do sendeiro polo cal iremos adentrándonos na fraga, transcorre paralelo ó rego de Vilapercide que nace neste lugar cunhas augas cristalinas, no cal poderemos ver algunha pequena troita que nos fará máis fascinante a paisaxe.

A saída está prevista para as dez da mañá dende a Praza do Concello de Trabada en vehículos ata o lugar de partida da camiñata. A participación é libre e gratuíta e non fai falta anotarse por adiantado. Si se desexa pódese levar algo para picar xa que a metade do percorrido faremos unha pequena parada para recuperar forzas.
Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto coa asociación no correo ostrespes@gmail.com ou facebook Ostrespes Trabada.

O Colectivo Cultural decidiu organizar estes roteiros para dar a coñecer os magníficos paisaxes e lugares cos que conta Trabada; así como promocionar o noso patrimonio natural e histórico. E para concienciar que se protexan estes espazos naturais de incalculable valor por que a Fraga que visitaremos este ano e unha das catro que ten o noso concello e todos debemos poñer da nosa parte para a súa conservación. O ano pasado fixemos o segundo roterio que transcorreu pola Ruta do Vento e o primeiro que foi no 2013 pola ruta da Fraga da Vilapena. Roteiros cos que a xente quedou fascinada. Esperemos que a este acuda moita xente porque tampouco defraudará a ninguén.

Exit mobile version