Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras por Santaballa

liga-santaballesaMedio cento de sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela desprazáronse este sábado 7 de marzo a Santaballa (Vilalba) para percorrer a ruta que a Asociación Amigos da Liga Santaballesa ten perfectamente sinalizada na localidade. Antes de comezar a camiñata, o presidente da Liga Santaballesa, Isidro Cillero, explicou o inxente traballo desenvolto pola Liga empezando pola recuperación da Escola Habanera de Santaballa (primeiro centro do mundo en impartir lingua e gramática galega), así coma a posta en valor do patrimonio arqueolóxico do municipio, que inclúe a recreación dun poboado castrexo con medoñas e diferentes elementos, onde recibiron as oportunas explicacións que axudan a entender o que se visita na ruta: Medoña de Estelo, xacementos do paleolítico coma o Acubillo de Pena Grande, varios muíños restaurados xunto ó río e para finalizar a Pedra Chantada, un dos poucos Menhires da idade de Pedra conservados en Galicia. Trala ruta, os participantes repuxeron forzas cunha suculenta comida no restaurante Naseiro de Santaballa. Por todo o anterior, Pasada das cabras agradece toda a colaboración ofrecida polos amigos da Liga Santaballesa, e o esforzo que realizaron tanto para acondicionar a ruta renovando a sinalización e demáis, coma acampañando e sirvindo de guías ós participantes na mesma.

Exit mobile version