Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras visita a parroquia vilalbesa de Santaballa

A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto facer o vindeiro sábado 7 de marzo a ruta de CAMIÑOS DE SANTABALLA en Vilalba de 12 quilómetros e dificultade baixa. O prezo será de 25 € para os socios e de 30 para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. A saída está prevista para as 09.00 horas na Estación de Autobuses de Burela. Recoméndase levar botas e bastón. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves 5 de marzo ás 20.00 horas.

Exit mobile version