Site icon Crónica3.com A Mariña

Paso Miúdo viaxa ó Courel

O vindeiro domingo 22 deste mes de marzo a asociación de sendeirismo fará a Ruta do Lor dende Seoane ata Folgoso do Courel. A saída será as 08.00 horas dende a Casa da Cultura de Ferreira. Os prezos para este evento son: 25€ socios federados 30€ socios non federados e 35€ non socios, con comida (cocido do Courel), autobñus e seguro de responsabilidade civil incluídos. Os interesados dende anotarse antes do mércores 18 de marzo a través do seguinte enlace: http://pasomiudo-apuntarseasrutas.blogspot.com.es/.

Exit mobile version