Site icon Crónica3.com A Mariña

Patricia Martínez, do IES de Mondoñedo, recolle o premio extraordinario de BAC 13-14

patricia-sanrosendo-premioA alumna do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, Patricia Martínez Paz, resultou gañadora dun dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013-2014, convocados pola Orde do 12 de xuño de 2014.

A entrega de ditos premios tivo lugar este mércores na Sala de Convencións do Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura. Neste acto valorouse o esforzo e a calidade do noso alumnado que, a pesar dos múltiples e continuos recortes, está a facer un labor extraordinario.

Exit mobile version