Site icon Crónica3.com A Mariña

Paula parte na expedición de Galicia Sub21 cara á final do campionato de España

A burelista Paula Cortiñas viaxa de novo este xoves con Galicia Sub-21 cara á fase final do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se disputará en Murcia esta fin de semana, 7 e 8 de marzo.

O combinado irmandiño, con José Luis Sáez como xefe de expedición, medirase en semifinais á Rexión de Murcia o sábado, ás 12.00 horas (municipal Gabriel Pérez de Roldán). Unha hora antes enfrontaranse Cataluña e a Comunidade Valenciana. A cita definitiva será o domingo, ás 12.00 horas.

Xunto á laranxa, defenderán a camisola branca e azul Alejandra de Paz e Belén Feal, do Valdetires FSF; Laura Doce, do Fervenza FSF; Claudia Martínez e Nerea Moldes, do Poio FS; Ana Rivera e María Romero, do CD Ourense; Eva Lema, do Viaxes Amarelle FSF; e Ana López, Vanessa Sotelo e María Arias, do Cidade das Burgas.

Fase previa. As galegas impuxéronse con solvencia na fase previa disputada en xaneiro en Ourense, con triunfos ante Madrid (8-0) e Aragón (8-1).

Galicia Cadete
Na preparación do Nacional tamén está inmersa a selección cadete; que este xoves realizou un novo adestramento en Santiago de Compostela cos burelistas Cristian Rivas e Daniel Bertolo.

Exit mobile version