Site icon Crónica3.com A Mariña

Virtual permanencia para o Ribadeo FC que empata en Boiro no tempo engadido (2-2)

Son 12 puntos os que separan ao Ribadeo FC da zona de descenso na Terceira División e que, polo tanto, supoñen un colchón suficiente para encarar o resto da temporada coa tranquilidade de ter asegurada a permanencia de xeito virtual. Pero podían ser máis.

Os celestes adiantábanse no marcador no minuto 35 da primeira parte grazas a un remate de córner dende os pés de Dapo; aínda que eran os locais os que marcaron o dominio no Barraña achegándose á porta de Kiko con frecuencia, aínda con máis intensidade, despois de que Santi estrelara un penalti na cruceta. Foi nunha xogada perigosa pola que o árbitro expulsaba a un dos locais no minuto 19.

Ao pouco de saltar ao campo, na segunda metade, Añón marcaba dende fóra da area o primeiro para os coruñeses. E, a pesar de contar cun xogador menos, os de Rubén mantiveron o nivel de xogo buscando a vitoria. Paco marcaba o segundo no 59; pero esta non era a única oportunidade para o Boiro desatinado nos tiros á porta.

Finalmente, co tempo de desconto practicamente cumprido, Fernando marcaba para o Ribadeo dende a area pequena colocando o definitivo empate a 2.

Un punto máis para os celestes que desaproveitaban a superioridade numérica permitindo a remontada do Boiro.

Exit mobile version