Site icon Crónica3.com A Mariña

Premio en Bruxelas para Conservas Curricán SL de Xove

premio-curricanO Concello de Xove prestou o seu apoio ao proxecto empresarial CONSERVAS ARTESANAS CURRICAN S.L. desde os seus inicios, cando soamente era unha idea de negocio, hoxe celebra os seus éxitos.

O Concello de Xove apoia a proxección desta Iniciativa Local de Emprego que ven de recibir o premio ao Mellor Proxecto da SAILING TOWARDS 2020 que se celebrou este pasados luns e martes en Bruxelas.

Conservas Curricán acudíu a esta conferencia-exhibición xunto con outros dous proxectos galegos da man do Grupo de Acción Costeira por ser exemplo de sostentabilidade e resaltando a importancia de ser esta unha iniciativa promovida por tres mulleres.

Agardamos que este premio sirva para ampliar a súa clientela en Europa e fóra dela e querémos darlle a noraboa a Nieves Medina, Nuria Carreño e Placer Rodriguez,- ás persoas que compoñen a empresa- polo seu traballo e pola súa valía.

Exit mobile version