Site icon Crónica3.com A Mariña

Programa do Mercado de Primavera 2015 no Valadouro

MERCADO VALADOURO4 15O Valadouro, 26 de marzo de 2015.- Queremos presentarvos o programa do Mercado de Primavera 2015. Como observaredes intentamos cubrir o día con actividades para todas as idades e gustos, pero sobretodo intentamos rememorar o antigo 25 de marzo, partindo coa imaxe que recolle o cartel, que é una antiga postal adquirida nunha subasta dun anticuario, ata recuperar as Cantigas de Cego que traía ó mercado Antón Lexide, o “Cego de Viloalle” e que, grazas a colaboración desinteresada de MIRO CASABELLA, volverán a encher a praza dos sucesos máis espeluznantes da comarca. Ata tal punto esta é una edición volcada na historia que, coa axuda do párroco de O Valadouro, D. Fernando Monterroso, este ano todos os asistentes poderán disfrutar da imaxe orixinal en pedra da Virxe de Ferreira, ó redor de cuia capela xurdiu tanto o Mercado como a Vila e que, entre as milagres que realizou cóntase que está protexer esta cerebarción que se facía en honor a ela e que perdura ata os nosos días.

Ademáis durante a mañá disfrutaremos da actuación de AMADO LAR que, un ano máis de maneira altruista, colaboran animando o desenrolo da velada.

Hacía o mediodía invitamos a todos os portadores de zocas a que participen no Desfile que se realizará na Pza de Sta María e para o cal poderán inscribirse dende primeira hora no punto de información. Este ano premiarase “A Mellor Zoca” non só de adultos senon tamén de neno e nena, por eso que é imprescindible a colaboración de todos e ó bon ánimo que xa se demostrou na edición anterior. Ademaís poderemos disfrutar, grazas ó traballo de Pepa Losada cedido por A Voz de Galicia, de una Exposición de Fotografía con “As Zocas no Valadouro”.

Pola tarde disfrutaremos de actividades orientadas ós nenos como os Monicreques ou os Xoguetes Tradicionais, e outras para os non tan nenos como as Demostracións de Artesáns, a actuación de Rodesindo da Barrosa “O Afiador” e, as imprescindibles, Olimpiadas Rurais nas que, todos os ataviados de época, poderán demostrar as súas habilidades en distintos xogos moi camperos como : carreiras en zancos ou tiro de paca.

A parte, ó longo de todo o día podremos disfrutar da Exposición “COAS NOSAS MÁNS” con traxes rexionais, cestería, olería e pratería, cedida polo CENTRAD, dunha granxa rústica con paseo en burros e ponis para nenos, de Cantos de Taberna e da Ruta de Tapas gratuitas, na que os locales hosteleiros de Ferreira esmeraranse un ano máis en facer delicias culinarias para deleitar a vecinos e foráneos.

Para acabar, remataremos cun Concerto de CARAPAUS na Pza de Sta María que porá o punto final oficial a una xornada de esperamos sexa de algarabía para todo o que se acerque a O Valadouro para compartila con nós.

Esperámosvos. Non esquenzades apuntar o 28 de Marzo como de visita obrigada ó MERCADO DA PRIMAVERA DE O VALADOURO.

Exit mobile version