Site icon Crónica3.com A Mariña

Recollida de plásticos agrícolas en Ribadeo

O alcalde do Concello de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, fai saber mediante un bando que “os días 24, 25 e 26 de marzo levarase a cabo a recollida de plásticos agrícolas porta a porta no Concello de Ribadeo a través da empresa Soluciones Integrales para el Medio Ambiente SL, xestor autorizado pola Xunta de Galicia. Co fin de asegurar a recollida deberase solicitar a mesma na Concellaría de Medio Ambiente, xa sexa en persoa ou a través do teléfono 982 120 701 ou do correo electrónico sostibilidade@ribadeo.org. Dende o Concello de Ribadeo agradecese que se teñan os plásticos preparados para pasar a recollelos eses días, non dispoñendo os mesmos en big-bags nin con outros residuos distintos ós propios plásticos agrícolas, para deste xeito facilitar e axilizar as tarefas de recollida”.

Exit mobile version