Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión de Veciños Independentes de Alfoz co persoal do Centro de Saúde

Reunión SergasAlfoz, 27 de marzo de 2015.- Veciños Independentes de Alfoz segue realizando diferentes reunións con colectivos do concello de Alfoz para engadir as súas peticións ó noso programa.

Este xoves os nosos representantes reuníronse co persoal do Centro de Saúde de Alfoz. O persoal e os membros de Veciños Indepenentes de Alfoz falaron da realidade do centro e das súas necesidades. Tendo en conta o envellecemento da poboación, sinalouse que a atención está moi centrada na asistencia ás persoas maiores. Desde este centro tamén se lle da asistencia ós maiores da Casa Comunitaria de Alfoz. Desde Veciños Independentes de Alfoz considérase que a parte dos servizos ofrecidos pola Casa Comunitaria de Alfoz se debe traballar en colaboración con Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para ampliar ditos servizos, co obxectivo de poder conseguir a instalación dun Centro de Día do que se podan servir ós maiores e dependentes de Alfoz, favorecendo a conciliación do traballo e da familia dos vecinos de Alfoz.

En canto ós máis novos, existen en torno a 120 pacientes en idade infantil que se teñen que desprazar a Foz para asistir á consulta do médico pediatra. Desde Veciños Independnetes de Alfoz mostrase a preocupación por este feito, debido a que existe un so facultativo para atender a 1.379 nenos dos concellos de Alfoz, Foz e O Valadouro, o que está provocando unha lista de espera de ata seis meses para algunhas revisións. Desde VIA considérase que, en conxunto cos outros concellos afectados, se debería solicitar ó Sergas un novo pediatra para cubrir de forma máis eficiente este servizo e poder manter uns ratios duns 500 pacientes por facultativo.

En canto ás necesidades relativas ó centro tamén se comentou que, aínda que as instalacións e o mantemento das mesmas están transferidas ó Sergas, as diferentes administracións deben traballar en colaboración para a mellora tanto dentro das instalacións como no seu entorno para así dar un mellor servizo ós pacientes.
Desde Veciños Independentes de Alfoz quéreselle agradecer ó persoal do centro a predisposición para ser escoitados polo noso colectivo, transmitindo a nosa admiración polo traballo que están a facer e mostrando o noso total apoio ás súas iniciativas.

Exit mobile version