Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo en Común convoca eleccións primarias

Ribadeo, 25 de marzo de 2015.- Ribadeo en Común anuncia a convocatoria de eleccións primarias para elaborar unha lista electoral de cara ás eleccions municipais do próximo 24 de maio. As persoas que desexan presentarse a estas primarias deben poñerse en contacto con ReC no enderezo ribadeoencomun@gmail.com ou chamando ao teléfono 620 93 75 23, onde se lles explicarán os trámites necesarios para concorrir a estas primarias.

Pode presentarse calquer persoa maior de edade que cumpra os requisitos previstos na lexislación vixente (Lei Orgánica 5/85 do Réxime Electoral Xeral) e condicións exixidas por ReC. De xeito resumido estas condicións son as seguintes: a) Residencia en calquer punto do estado español (non é imprescindible estar censado nen residir en Ribadeo); b) Ser cidadán da Unión Europea ou calquer pais que teña asinado un convenio de reciprocidade co estado español a estes efectos. c) Non incurrir en incompatibilidades previstas na lei. d) Asinar o manifesto fundacional de ReC e o código ético e comprometerse a defender o programa electoral. e) Non estar imputad@ por delitos de racismo, violencia de xenero, prevaricación, homofobia, delitos ecolóxicos etc. f) Non ocupar cargos públicos en partidos políticos ou dimitir antes da presentación da candidatura.

O prazo para presentación d@s candidat@s comenza ao 29 de marzo e remata o 31.

A elección celebrarase entre os días 8 e 12 de abril, na forma e lugares que se anunciarán oportunamente.

Exit mobile version