Despois de celebrar a anual cea de aniversario do Club Deportivo Marqués de Casareigo de Tapia, toca facerer algo de exercicio. Deste xeito, o domingo 15 de marzo realizarán a ruta: El Mazuco – Peña Blanca – Alto de Ortiguero. Trátase dunha travesía de montaña de 17 km con 900 metros de desnivel que será guiada por “Guti”. A saída está prevista para as 07.00 horas dende Tapia; pero, despois, o bus fará unha parada na rotonda Viesques de Salcedo (Xixón). O prezo da actividade é de 12 euros, 5 no caso dos socios e 3 para os socios colaboradores. Os interesados poden iscribirse ata o venres 13 nos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 e 608 540 828 ou a través do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es.