Site icon Crónica3.com A Mariña

Santi suma 3 puntos para o Ribadeo ante o Sanxenxo

A falta de 2 minutos para o final do encontro en Baltar de Arriba, Santi faise cos 3 puntos para o Ribadeo grazas ao único gol dun partido con poucas ocasións.

Tanto Sanxenxo coma o Ribadeo se xogaban importantes puntos; pero, nesta ocasión, foron os visitantes os que conseguiron sumar fronte ós de Pacho Oliveira que levan encadean nove derrotas seguidas.

Nun partido de escasas chegadas ás portas, Dapo protagonizou a máis clara; pero sobre a súa propia. Aínda así, a peor parte do partido foi a lesión do centrocampista Andrés Bouzas que tivo que acudir ó Hospital cunha fractura na clavícula.

A vindeira xornada haberá derbi provincial en Ribadeo no que será o Día do Club. Os de Germán Campos mediranse ó Racing Club Villalbés que suma un punto máis que os mariñáns que continúan cun partido menos tralo aprazamento do encontro co Cerceda.

Os vilalbeses son décimos con 38 puntos, mentres que os mariñáns son duodécimos empatados a 37 co Bergantiños. Nesta ocasións, os celestes poderán tomar a revancha do 2-1 da primeira volta ante os de Óscar Gilsanz.

Exit mobile version