Site icon Crónica3.com A Mariña

Segunda reunión preparatoria das xornadas técnicas e encontros empresariais de Expomar

comite-expomarBurela, 13 de marzo de 2015. O comité executivo do padroado da Fundación Expomar segue a traballar na organización das xornadas técnicas e dos encontros empresariais, que se celebrarán en maio coincidindo coa XVI Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar. A segunda reunión preparatoria na que se perfilaron os temas que se abordarán nesa dobre cita tivo lugar este xoves 12 de marzo.

Segundo explicou o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, “a primeira mesa, a do xoves 14 de maio, versará sobre a incidencia da política comunitaria de pesca na nosa flota. E a segunda mesa, a do venres 15 de maio, analizará a protección da xente do mar”.

O comité executivo do padroado da Fundación Expomar seguirá a traballar nas vindeiras semanas na organización destes eventos.

A XVI edición de Expomar terá lugar do 14 ao 17 de maio, na nave de redes, situada na explanada do porto. O evento afronta este 2015 “co reto de superar os resultados acadados nas pasadas edicións. Expomar consolidouse coma a feira de pesca co maior número de visitantes profesionais e expositores de todo o territorio español”.

Exit mobile version