Site icon Crónica3.com A Mariña

Tempos de actos sacramentais

Retumban nos nosos oídos as monsergas repetitivas de vellas voces, ou de caras novas cos mesmos eslóganes que xa non ilusionan a ninguén. O forofismo incondicional non se mantén logo de tantos desencantos e tantas traizóns. Que os cidadáns somos responsables das consecuencias do noso voto, ninguén o dubida.
Andamos engrellados entre o fútbol, as series e os grandes irmáns bótallenos e deixamos que unhos carallans calqueira fagan o que lles peta cos nosos destinos e nosoutros limitamos a nosa participación politica a meter unha papeletita na regandixa de unha caixa de prastico trasparente.

Estar ao día das noticias é de tolemia, acábannos atrapando o inconsciente e póñennos de mala hostia, dende logo para moitos e mellor conformarse con insultar ao árbitro que pitóu de mala maneira. Dámonos un momento de cabreo espontáneo e volvemos a o rego do cotidian para despois botarnos en brazos dos insulsos entretenimientos que nos serven en bandexa con só apertar un botón.

Pensar doe, xa o creo, require sentarse e analizar, non estamos feitos para elaborar pensamentos propios, mellor seguir ben integrados no rebaño e que decida o pastor. Seica somos inxenuos, e como incautos creemos o que nos contan en campañas plagadas de promesas cuxo cumprimento esquecemos esixir, e dálle ao botón outra vez. Hai que ver, o meu pais por un prato de lentexas.

Pero, coidado, soan voces na Dereita, como a da xornalista de sona queixandose do “dineral” que custa que os cidadáns acudan a votar, e de paso aldraxa os comicios de 2015 como un custoso “guateque” que paraliza o país. O comentario é terrorífico, horrible, lévanos, como é propio da dereita, a eliminar todo aquilo que non sexa crematísticamente rendible de inmediato nos balances contables. Traducido, nin a educación nin a sanidade públicas, nin o subsidio de desemprego, nin a protección ás familias, nin as becas universitarias, nin os dereitos dos traballadores, nin a xustiza, nin, nin, nin, nada que cheire a Estado social e democrático de Dereito é rendible económica e contablemente para unha ideoloxía que busca retornar á “cuasiesclavitude” como sistema de organización social. Nestes tempos de Actos sacramentais e procesions varias segue sendo mellor pensar antes de votar, o futuro está cerca e nas nosas mans.

Exit mobile version