Site icon Crónica3.com A Mariña

Tiendas montó pon de moda o laranxa patrocinando a Kiko e Bea Mateos

SONY DSCBurela, 25 de maio de 2015.- Tiendas Montó de Burela, franquía líder en España no mercado da pintura para decoración, pon de moda o laranxa na súa paleta de cores apostando polo patrocinio das xogadoras de Primeira División RFEF Bea Mateos e Kiko esta tempada.

Ata o establecemento (avenida Arcadio Pardiñas, número 183) trasladáronse as burelistas xunto ao presidente do club mariñán, Manuel Blanco, para agradecerlles aos seus propietarios, José Manuel Rodríguez Ramos e Genoveva Ares Losada, a confianza depositada no seu traballo para lucir a imaxe de Montó, referencia da máis alta calidade e tecnoloxía na pintura.

Exit mobile version