A empresa lucense Torre de Núñez participa este ano no Fórum Gastronómico que terá lugar na Coruña desde o domingo 15 de marzo ata o 17. É este o primeiro congreso de gastronomía que conta co seu apartado de feira e que se creou en 1999. Celébrase anualmente alternando Galicia e Cataluña.
O Fórum Gastronómico A Coruña 2015, que terá lugar en ExpoCoruña, é o escaparate ideal das novidades do sector e unha magnífica plataforma comercial. O atractivo, a vitalidade e o dinamismo do Fórum convérteo nun espazo de excelencia comercial, propiciando a oportunidade de establecer contacto directo cun público profesional, entre o que figuran os mellores cociñeiros do momento.
Destaca polo protagonismo que outorga aos expositores, ofrecéndolles espazos perfectamente equipados nos que poidan realizar demostracións, catas, etc. A Feira é un auténtico punto de encontro entre restauradores, productores e empresas do sector.
Torre de Núñez participará activamente nesta feira coa realización dun showcooking cada día coas súas gastropropuostas, elaboradas cos produtos Torre de Núñez, que poderán degustarse a continuación. Así, o domingo presentará Tostas quentes de lacón Brie, Faragullas con chorizo e Brochetas de xamón con queixo Ulloa e emulsión de tomate.
O luns presentarán Xamón con calabacín e Brie quente, Cucurucho de croquetitas de xamón e Minipizza de salchichón e queixo Ulloa. Pecharán as actividade de cociña en directo o martes con Lacón á Feira con cremosito de pera, Brocheta de chicharróns con piña e Pan con xamón e vinagreta de tomate.
As sesións celebraranse todos os días ás 13.00 horas dentro do programa oficial do Fórum.
O stand de Torre de Núñez, o 201, está situado na entrada do conxunto expositor e nel poderanse degustar tamén os produtos da casa ao natural.
Sobre Torre de Núñez
Torre de Núñez é unha empresa lucense que leva máis de 40 anos dedicada á elaboración de produtos cárnicos que teñen como destino as mesas máis esixentes da xeografía española. Debido á gran acolleita dos seus produtos, comezou a súa expansión nos anos 80, que implicou a construción de dúas novas fábricas.
Os produtos Torre de Núñez contan con todos os certificados de calidade e con selos que garanten o consumo a colectivos importantes como intolerantes á lactosa ou celíacos.