Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha trintena de mulleres participaron no café calceta organizado polo Concello de Lourenzá

cafe-calceta-lourezaLourenzá, 9 de marzo de 2015. Unha trintena de mulleres participaron no café calceta organizado polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día da Muller Traballadora.

O acto celebrouse o pasado sábado na sala de usos múltiples do departamento municipal de Servizos Sociais, que está no Torreón dos Frades. A laurentina Maruxa Geada relatou a súa experiencia nun mundo tradicionalmente masculino, o da súa profesión de camioneira.

Esta actividade contou coa participación da alcaldesa, Emma Álvarez; e da concelleira de Cultura, Guadalupe Flórez.

Exit mobile version