Co obxectivo de proporcionar as súas socias e veciñas unha ferramente de axuda á relaxación e ao benestar físico, mental e emocional e a aprender a aplicar a masaxe en situacións de estrés, a Directiva da Fraga das Saímas organizou o venres, 5 de marzo no Centro Sociocultural de San Andrés de Boimente, de 17.00 h. ás 20.00 h. o Obradoiro de Masaxe relaxante de Espalda impartido pola Quiromasaxista Isabel Giráldez (de Agarímate). As asistentes a esta actividade valoraron moi positivamente o obradoiro e solicitaron á Directiva repetir a experiencia.
As actividades do Día da Muller continuaron o sábado, 7 de marzo, no Centro Sociocultural, onde 18 persoas xogaron a Maratón de Tute pola Igualdade desde as 17.00 h. ata as 23.00 horas, momento no cal se proclamaron campeonas da Maratón a parella formada por Lola e Herminda que derrotaron nunha final moi reñida á parella formada por Paco e Carmiña, que se tiveron que conformar co subcampionato. Mentras o terceiro premio caeu nas mans da parella formada por Silvia e Marisol, tras xogar polo terceiro posto na Maratón contra os equipos formados por Clarisa e Adolfo e Olimpia e Manolo. Os tres equipos afortunados gañaron 50 €, 30 € e 20 € respectivamente, ademais de levarse para a casa un precioso trofeo cada un, agasallo da tenda viveirense Deportes Capitán.
E mentras os aficionados xogaban a Maratón o resto de asistentes tamén tiveron a oportunidade de ver a película Princesas de Fernando León de Aranoa que as organizadoras proxectaban na sá de cinema do Centro sociocultural.
Logo de que a presidenta, Flor Chao, fixera entrega dos premios e trofeos aos equipos gañadores, a Directiva serviu un ágape a tod@s @s xogadores e asistentes. A festa rematou pasadas as doce da noite emplazando a presidenta a tod@s @s amantes da música e da canción a participar no Iº Concurso de Karaoke Fraga das Saímas que se celebrará o sábado, 18 de abril, no marco da 8ª Edición da Festa do Medio Natural.