Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz non se presentará ás eleccións municipais de maio deste 2015

A pesar dos ataques e insultos continuos pronunciados polo Sr Alcalde e o entorno do PP, UNIFOZ seguirá traballando por Foz ata o remate da lexislatura, cumprindo así todos e cada un dos compromisos adquiridos con eses preto de mil trescentos veciños/as que depositaron a súa confianza en nós cando nos votaron para traballar por Foz durante catro anos.

Tamén queremos anunciar que UNIFOZ non se presentará ás Eleccións Municipais de Maio de 2015.

Queremos dar as grazas ós que depositaron a súa confianza en nos. E reiterar o noso compromiso cos veciños de Foz.

Fai catro anos, un grupo de persoas, decidimos dar un paso a diante e involucrarnos nun proxecto político novo, un partido independente para Foz. E con ilusión, entrega e traballo, intentar mellorar a xestión municipal e acercar a política ós cidadáns.

Cos vosos votos, acadamos tres concelleiros, que traballando para todos, presentamos propostas, mocións, preguntas e rogos, e fixemos acto de presenza activa, en todos os actos públicos convocados, tentando defender os intereses e inquietudes dos nosos votantes e veciños, unhas veces con máis éxito que outras, xa que na maior parte dos casos foron obviadas polo Equipo de Goberno. A maioría destas cuestións fóronnos trasladadas directamente por medio das diferentes reunións, que o longo destes catro anos, mantivemos cas asociacións, colectivos e veciños.

A tódolos veciños de Foz: Grazas polo voso apoio.

Exit mobile version