Neste afán, representantes de Veciños Independentes de Alfoz veñen de reunirse con membros da Asociación Protectora de Animais Valadouro Alfoz. Representantes da protectora indicaron o traballo que están a realizar, de forma totalmente altruísta, coa recollida e coidado dos animais abandonados de ambos concellos. Tamén contaron que para o coidado dos animais contan basicamente con casas de acollida e doazóns particulares. Á parte de falar dos compromisos que teñen actualmente coas dúas administracións locais, tratáronse outros temas coma as responsabilidades con respecto ó abandono de animais e as instalacións necesarias para poder realizar o coidado dos mesmos.
Na xuntanza os representantes de Veciños Independentes de Alfoz eloxiaron o traballo que está a facer este colectivo e mostraron o seu total apoio ás súas iniciativas.