Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove inicia os actos do Día Internacional da Muller cunha visita a Aurora Quelle

homenaxe-auroraDentro dos actos programados polo Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, este sábado celebraron un dos máis emotivos: como recoñecemento a toda unha vida dedicada ó traballo e ós seus, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras de Servizos Sociais e Deporte, realizáronlle unha visita a Dª AURORA QUELLE ABAD, a persoa máis maior de Xove.

Aurora, quen aos seus 98 anos aínda mantén unha presencia e unha prestancia moi elegante, estivo acompañada por membros de varias xeracións da súa familia. O alcalde, agradecéndolle o traballo de toda unha vida, aproveitou para facerlle entrega dun ramo de frores.

Outras actividades

As actividades do Concello de Xove para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora continúan. Deste xeito, este domingo 8 de marzo a partir das 17.30 horas no Salón de Actos celebrarase a VIII CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Tamén se inaugurará a EXPOSICIÓN “ROSTROS DA HISTORIA” que permanecerá aberta ata o 20 de marzo de 2015.

Exit mobile version