Site icon Crónica3.com A Mariña

36 alumnos e 4 profesores do IES focense participaron no obradoiro de banda deseñada impartido polo ilustrador Xosé Tomás

230415 FOTO OBRADOIRO CÓMIC CON XOSÉ TOMÁS EN FOZFoz, 23 de abril de 2015.- Dentro da denominada Programación das Letras a biblioteca pública municipal de Foz conmemorou este xoves o Día do Libro cun obradoiro de banda deseñada a cargo do coruñés Xosé Tomás, que é ilustrador e humorista gráfico para varias publicacións. Participaron 36 alumnos e 4 profesores de ESO do IES focense. É unha actividade incluída na iniciativa Ler conta moito, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello focense.

Ademais, este venres ás once da mañá visitarán a biblioteca municipal de Foz alumnos da escola infantil A Galiña Azul, da vila focense, que gozarán dunha sesión de contacontos sobre o libro Elmer, el elefante.

Exit mobile version